Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Aparecen en Barcelona os santos roubados

A Policía descubríu cinco tallas de madeira roubadas en catro igrexas do sul da provincia de Lugo e detivo a unha parella como supostos autores dos feitos. Agora se están a comproba-lo paradoiro de outras pezas sustraídas en templos lugueses.

- 09:47 17/03/1999
Tags:

Dende hai algo máis dun ano se estaban a suceder contínuos roubos en igrexas da provincia, principalmente da zona sul e sempre en parroquias rurais, alonxadas de núcleos de poboación e nalgúns casos abandoadas. A Policía semella que descubríu polo menos unha parte importante da orixe dos roubos. Un home que estaba a cumplir condea na cadea de Barcelona e que se atopaba en terceiro grao, aproveitaba as súas saídas de permiso para viaxar a Galicia e comete-las sustraccións. Logo colocaba a mercancía a anticuarios, explicando que as figuras eran da súa familia.

Encausado por outros feitos, a este home se lle suprimíu o réxime aberto, polo que foi a súa moza quen fixo o traballo. Foi precisamente a ela a quen a Policía colleu coas imaxes de San Ramón Nonato e San Pablo, da igrexa de Cadeiras (Sober) e a de San Lorenzo, de Fión (O Saviñao). Tamén tiña no seu poder outras dúas das que se sabe que proceden de Lugo, pero non exactamente de donde, pois están a seren identificadas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: