O festival, principal mercado do audiovisual do mundo, desenvólvese na cidade francesa do 16 ao 27 de maio.
A produtora de animación Dygra Films amosa no festival de Cannes un adianto da súa terceira longametraxe, Espírito do bosque. Do 16 ao 27 de maio, o mercado do audiovisual máis importante do mundo contará coa presenza da empresa galega, da man da axencia de vendas Fantastic Films International.
A compañía aspira a repetir o éxito dos seus anteriores traballos, O bosque animado e Soño dunha noite de San Xoán, que xa se venderon en máis de 65 países. A nova produción recupera os personaxes do primeiro filme, aos que suman outros novos, cunha temática de defensa do medio.