Un internauta-elector repróchalle ao candidato ourensán do PPdeG o presunto retoque da súa foto na web. "Non hai Photoshop", asegura Enrique Nóvoa.
"Gustaríame saber porque na foto que fai enlace con este foro, ten vostede un corpo que non e o seu, pois salta a vista que vostede non tén eses brazos nin moito menos esa cintura. Non creo q necesite aparentar gran deportista aquí, pois na tele inda non se pode facer Photoshop". Así o escribe un internauta no espazo "Pregúntalle a Poly" que inclúe a web do candidato do PPdeG en Ourense. Logo de transmitirlle unha aperta, asegúralle: "conte vostede co meu voto para calquera dos outros partidos".
Responde o candidato: "Amigo Carlos, non hai Photoshop nin ningún arranxo, pódocho asegurar. Invítote a que pases pola miña oficina do candidato ou a un dos mitins dos que estamos a realizar por todo Ourense para que me coñezas persoalmente. Un saúdo. Poly".