Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O RESCATE DO GALILEO

Un GPS europeo

Galileo xa non responde. Este ambicioso proxecto europeo de radionavegación por satélite, destinado a porlle fin á hexemonía americana do GPS, está nun impass. A Unión Europea tenta axustarlle as pezas para evitar o seu fracaso.

Redacción - 18:08 14/05/2007


Na actualidade, o Galileo ten xa un retraso de preto de catro anos. Na súa orixe, a constelación debía estar lista para finais do 2008. Agora xa falan de mediados do 2012, como máis cedo.

“Debemos atopar unha solución que sexa económica e tan rapidamente como sexa posible”, dixo Wolfgang Tiefensee (SPD), ministro alemán de Transportes. O vindeiro mércores, 16 de maio, o comisario europeo de Transportes, Jacques Barrot, debería recomendar que este proxecto sexa financiado enteiramente polos poderes públicos, a falta dun compromiso por parte dun consorcio privado que o queira explotar. Esta modificación suporía unha cantidade complementario duns 2,5 millóns de euros para os fondos comunitarios.

Estimábase que o proxecto tería un custo de entre 2.200 e 2.950 millóns de euros durante o período 1999-2008, que podería variar segundo as aportacións doutros gobernos interesados no sistema, que sería asumido ó principio do seu desenvolvemento por organismos gubernamentais europeos, e que logo sería completado con dous tercios do total, con capital privado.

As oito industrias que deben asegurar o lanzamento e a explotación do sistema –o grupo franco-alemán EADS; os franceses Thales e Alcatel; o británico Inmarsat; o italiano Finmeccanica; os españois Hispasat e Aena; e o alemán TeleOp, filial de Deutsche Telekom– non pudieron responder, antes do prazo (10 de maio), ás esixencias dos Estados membros e da Comisión.

Así, despois de meses de negociacións, o seu patrón definitivo non está aínda definido. E a negociación do contrato de concesión, que debía estar cerrada a finais do 2006, está aínda na balanza. O posible consorcio privado pon moitas condicións e busca minimizar os seus riscos nun programa que, ata o momento, só acumulou dificultades industriais, financieras e diplomáticas. Fronte a este bloqueo, Barrot espera o fin “síndrome de Airbus” que ameaza o proxecto.

Desde a súa concepción, Galileo está no medio dunha batalla político-industrial dos países membros da Unión Europea. “É o programa máis contaminado polos políticos nos últimos anos”, dixo Thomas Enders, copresidente do EADS.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: