Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais 07

"Moncho é moito, ti xa sabes"

O alcalde de Sada activa a súa Monchocaravana para organizar mitins e que a xente xogue ao trivial do seu partido, o Sada, que pasada!.

Redacción - 18:11 14/05/2007
Ramón Rodríguez, con traxe, xoga ao Trivial do PDSP

Ramón Rodríguez, con traxe, xoga ao Trivial do PDSP

O candidato a revalidar a alcaldía de Sada, o independente Ramón Rodríguez Ares, coñecido como 'Moncho', conta na campaña electoral cun novidoso mecanismo de promoción que el mesmo denominou a Monchocaravana, na que se ofrece dende xogar ao trivial até organizar mitins en calquera lugar.

O rexedor, que se presenta polo Partido Demócrata Sada Popular, PDSP, é un histórico membro do Partido Popular. En xaneiro de 2004 foi expulsado por se apoiar nun tránsfuga do PSdeG para recuperar o bastón de mando, que perdera o 25 de maio de 2003, tras máis de vinte anos no poder. 'Moncho' xa é coñecido polas súas peculiares promocións electorais, entre as que se inclúen lemas como Moncho é moito ou Moncho, ti xa sabes.

Concerto o 25 de maio

Este novo instrumento, a Monchocaravana, é un vehículo de seis metros de longo por case dous e medio de ancho, é dicir, un total de 15 metros cadrados nos que ofrece a oportunidade de xogar unha partida ao trivial do PDSP -o Sada, que pasada!, con preguntas sobre historia, personaxes ou deportes da localidade; tamén, facer un mitin en calquera lugar ou un concerto como o que organiza o 25 de maio, coincidindo coa fin de campaña; e mesmo tamén, expor o programa electoral do PDSP.

No Sada, que pasada! Ramón Rodríguez é o protagonista de moitas das preguntas. "En que ano o goberno de 'Moncho' abriu a Oficina Municipal de Información á Muller?" ou "Que alcalde usou o lema ... ti xa sabes?" son algúns exemplos.

Hai uns días, durante a presentación do xogo -que conta con cen tarxetas e un total de 600 preguntas-, o líder do PDSP manifestou que a el nunca lle gustaran os xogos de mesa: "Só xogaba ao parchís coa miña muller, cando eramos mozos".


2/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: