Francisco Rodríguez: “a orde ministerial de 2005 non deu os seus froitos”
Francisco Rodríguez, nunha imaxe de arquivo
O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Rodríguez, acaba de rexistrar unha iniciativa para que o goberno estatal se implique máis á hora de levar a banda larga ás bisbarras rurais. Segundo lle explicou o parlamentario a Vieiros, é urxente modificiar a orde ministerial de 2005. Rodríguez indica que aquela orde “non deu os seus froitos e o mundo rural galego segue a estar sen acceso.”
Rodríguez convida ao goberno español a consensuar un novo acordo coa Consellería de Innovación e Industria no que se teña en conta a alta dispersión poboacional do noso país. O deputado subliña que Galzia non camiña cara a converxencia neste eido: “Os últimos datos sitúannos en penúltima posición, cunha penetración de banda larga de 21.9%, a unha distancia de 17 puntos doutras comunidades líderes”
Segundo puido saber Vieiros, a Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información xa se puxo en contacto co goberno español para mostrar a súa preocupación polo escaso avance da rede no medio rural. A iniciativa de Rodríguez busca apoiar dende o Congreso unha próxima negociación.