Cultur.gal, Feira do Libro e da Industria Cultural, organizada pola
Asociación Galega de Editores, continúase a desenvolver durante toda a fin de semana no
Pazo da Cultura de Pontevedra.
O director da feira, Roberto Pérez Pardo, explícanos todo sobre a primeira edición do evento neste vídeo, que nos traslada ao ambiente que se vive alí.
A xornada do sábado abrirase á tarde con presentacións editoriais. Ás catro, Marcos Calveiro presenta
Rinocerontes e quimeras, no Café literario, e ás seis, Xurxo Borrazás fará o propio con Arte e parte. Asinarán exemplares Carlos Meixide, co seu O home inédito no posto de Rinoceronte Editora; Ana Alfaya, con A sombra descalza; Teresa Moure, con Benquerida catástrofe, e Fran Alonso, con Cartas de amor, Poetízate e A vida secreta de María Mariño. Así mesmo, o grafiteiro e ilustrador de Dios ke te Crew Sekone estará a amosar á entrada de pazo as suas creacións de graffiti en vivo, e os Festicultores farán un pasarrúas polo recinto.
Proxectaranse o documental
2050, How soon is now?, ás catro da tarde no Tubo; A casa de Lola de AndÅ•es, Cousas de Kulechov, Contactos, Vilaboa: mirando á Meca, Tecendo o fío da memoria e Mundo Bazar, a partir das cinco e media; o tráiler e making-of d’O neno de barro ás seis, no espazo do Clúster do Audiovisual, coa presenza do seu director, Jorge Algora, e do responsábel de fotografía, Suso Bello. Xa ás sete e media, no Tubo, verase Memorial de Camposancos, e, ás oito, no salón de actos, proxectarase a longametraxe Concursante. A parte musical poñerana GalegoZ, que presentarán o seu disco
Revolution Dance no Café literario ás sete, e Concha Buika, que dará un concerto ás nove no Auditorio, dentro do festival Con voz propia 07.
Ás cinco da tarde, Manuel Castelao, Pancho Casal, Pere Roca e Antón Dobao, moderados por Manuel González, participarán nunha mesa redonda sobre a adaptación literaria ao cine, no Café literario. No mesmo espazo, ás oito, Eva Veiga e o grupo Ouriol ofrecerán o recital poético «Poetas galegos: das cantigas aos nosos días».