O xuizo polo denominado "Crime de Rande" terá que volver a celebrarse cun novo xurado. Esto é o que dicta a sentencia da Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que, tralo recurso presentado pola acusación particular e o fiscal, declarou nulo o fallo xudicial, dictado no mes de outubro do pasado ano pola Audiencia de Pontevedra, ó que devolveu de novo esta causa.
Neste xuizo, o xurado declarou probado que Rosa García púxose dacordo cunha persoa descoñecida, para trasladarse co seu marido, Julio Dios, na noite do 13 de maio do ano 96, ata a ponte de Rande coa finalidade de acabar coa vida deste. Sin embargo, o que o xurado non considerou probado, foi que o autor da morte de Julio Dios, fora o inculpado pola acusación, é dicir, José Antonio Farto García, curmán da muller procesada. Polo tanto, José Antonio Farto, foi absolto do delito de asasinato e tan só, condenado a dous anos de cadea por tenencia ilicita de armas. No seu poder, atopouse unha escopeta para a que non tiña licencia. Pola súa banda, Rosa García, foi condenada a catorce anos na cadea pero, no seu caso tívose en conta a eximente incompleta de enfermidade mental e tamén a agravante de que os feitos foran nun lugar despoboado e de noite. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da agora, a razón ó fiscal e tamén a acusación particular nos seus argumentos para apelar a sentencia. O TSXG acepta que non se cumpriron tódolos requisitos e, entre eles, o principal foi que, no referente a absolución de José Antonio Farto, o xurado adoptou a decisión, sen dar ningunha explicación sobre as razóns polas que consideraron determinados feitos coma probados. No seu fallo, a Sala do Civil e Penal, recorda que a lei Orgánica do Tribunal do xurado, esixe esta explicación e tamén establece que a súa omisión produce a nulidade do veredicto e da sentencia por, constituir un defecto de forma que implica a ausencia dun requisito indispensable. Dado que a sentencia e mailo veredicto son un todo unitario e non susceptible de división o xuicio é nulo e deberá repetirse este con outro tribunal. A petición de nulidade do fallo soicitada pola acusación refírese ó caso de José Antonio Farto pero coma o xuicio foi o mesmo o proceso deberá repetirse na súa totalidade.