Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Gravísima agresión á privacidade"

O freo ás listas abertzales usa listas negras con máis de 15 mil independentistas

A Asociación Europea de Avogados Demócratas denuncia a existencia dun arquivo a partir do cal se bloquean os dereitos de milleiros de cidadáns vascos.

Redacción - 12:00 07/05/2007

"Isto é unha gravísima agresión ao dereito á privacidade e intimidade que contravén a propia lexislación europea e española en materia de protección de datos de carácter persoal e o dereitos dos cidadáns a coñeceren que datos se recollen nesas listas e con que obxectivo". Alén desta denuncia, a Asociación Europea de Avogados Demócratas, AED, con sede en Alemaña, tamén advirten que o feito é aínda máis grave por implicar a vulneración do dereito a ser escollido nunhas eleccións democráticas, impedíndolle a milleiros de persoas "concurrir libremente ás eleccións".

O coelctivo europeo de avogados solicita así que o goberno español "recoñeza a existencia deses ficheiros" e lle informe aos cidadáns que están neles; insta a que se recoñeza a propia ilegalidade da súa existencia e se supriman os seus efectos e fan un chamamento para que se adopten as medidas necesarias para que as eleccións municipais conten "coa presenza de todas as forzas políticas". Por último, propoñen que o executivo estatal abra o proceso para derrogar a lei de partidos, "que se encontra na base deste procedemento e que organismos internacionais xa censuraron en varias ocasións".


4,64/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: