Lambdastream, a compañía detrás das canles de televisión do Concello da Coruña e do Deportivo, expándase en Singapur e Rusia
Lambdastream é unha empresa da Coruña que non para de recibir premios e abrir novos mercados. Tras entrar en Rusia, acaba de anunciar un acordo con Innoxius Technologies, unha compañía de Singapur, para vender os seus produtos en Extremo Oriente.
Lambdastream desenvolve tecnoloxías para a transmisión de vídeo por internet e telefonía móbil. Entre os seus produtos máis coñecidos, están as canles de televisión do Deportivo da Coruña e do Concello herculino.
Boas expectativas
As expectativas de crecemento desta sociedade -nacida na Facultade de Informática da Universidade da Coruña- son elevadas. E é que é probable que o mercado da televisión por móbil e por internet se dispare a medida que as velocidades das conexións melloran.
Polo de agora, Lamdastream planea abrir oficinas en Rusia e Oriente Próximo e está a busca de sociedades de capital risco para financiar este crecemento. O Premio á Excelencia da Confederación de Empresarios de Ourense e o Premio á mellor iniciativa TIC na última Noite Galega das Telecomunicacións son algunha das distincións que ten recibido nos últimos meses.