Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Celebración do 1 de maio

A CIG Mocidade organiza en Vigo a segunda edición do Concerto contra a Precariedade

O Concerto reivindicativo contra a Precariedade contará coas actuacións dos grupos Nao, Festicultores Troupe e Skárnio, que actuarán a partir das 18.30 no Parque de Castrelos.

Redacción - 19:19 30/04/2007
Cartel da convocatoria

Cartel da convocatoria

Do mesmo xeito, convocan para participar na manifestación que sairá ás 12.00 dende o cruce da Dobrada, e no xantar de confraternidade que se celebrará no propio Parque de Castrelos xunto co SLG (Sindicato Labrego Galego). É “unha forma lúdica de reivindicar os nosos dereitos no Día do Internacionalismo Proletario”, unha convocatoria reivindicativa á vez que festiva: denuncian o papel de CCOO e UGT, “o sindicalismo españolista que dan unha vez máis as costas á clase traballadora”, e inciden nas demandas da mocidade traballadora: “Precisamos un Marco Galego de Relacións Laborais con plenas competencias para lexislar en materia laboral acorde coa nosa realidade social e laboral”.

A banda estradense de rap metal Nao, a música “balcánica volcánica” de Festicultores Troupe, que se presentan como “os oito irmáns dunha familia de emigrantes romaneses, os Fliparescu Connoscu, chegados a Galiza no 95”, e Skárnio, “colectivo político-musical nado no barrio vigués do Calvario”, ska e raggamuffin con pinceladas de hip hop, súmanse a esta xornada de loita con cadanseu estilo propio.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: