Pretende chegar a contar cunha representación do 10 por cento das especies vexetais de todo o mundo.
Unha vista das instalacións / Foto: Morley von Sternberg
O banco de sementes do Milenio, situado en Londres, garda embrións de plantas de todo o mundo para protexelas da extinción. A iniciativa, que forma parte dos xardíns botánicos de Kew, conta xa con 18.000 especies vexetais, e aspira a acadar as 30.000 no ano 2010. Deste xeito, terase unha representación do 10 por cento das plantas de todo o mundo.
O proxecto está interesado en conservar, principalmente, inzos das especies silvestres ameazadas e das que son máis útiles para a Humanidade, sobre todo nas zonas máis secas do planeta. Ese é o caso do bambú africano, exemplar que acada a semente mil millóns, recollida en Mali. Os xermolos consérvanse nunhas condicións que lles permitirán sobrevivir até mil anos.