O socialista Abel Caballero e o nacionalista Santiago Domínguez confirmaron este domingo a súa convicción de que poderán asinar un pacto en Vigo que aparte do goberno a Corina Porro.
Falou nos micrófonos da Cadena Ser o candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Santiago Domínguez, dos "motivos persoais" que na súa opinión aceleraron o fracaso da anterior coalición de goberno entre socialistas e nacionalistas en Vigo. referiuse ao ex alcalde socialista Ventura Pérez Mariño, a quen o líder do Bloque vigués acusou de "non entender nunca o que significaba un goberno de coalición". No mesmo sentido, o candidato do PsdeG, Abel Caballero, falou de "circunstancias que agora non se dan en absoluto" e prometeu que "o PSOE sabe ben que é importante que a esquerda goberne a cidade e que o faga con estabilidade".
En canto ás prioridades cara a esta campaña electoral, Abel Caballero destacou a súa promesa sobre edificacións: seis mil novas vivendas protexidas en catro anos, insistindo en que é necesario dobrar o solo adicado a vivenda pública. Pola súa banda, Santiago Domínguez puntualizou que "é tempo de menos cemento e máis persoas", chamando a centrar a campaña en asuntos máis sociais e cuestións "próximas á xente e que lle afectan á súa calidade de vida". "Hai que suprimir a actual política de parches", pediu o o cabeza de lista do BNG.