Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Enquisa de ‘Sondaxe’

O PP podería perder o goberno en Vigo e Ferrol nas próximas municipais

O Partido Popular quedaría a dous concelleiros da maioría absoluta na cidade olívica, sería superado polo PSOE en Ferrol e recuperaría a alcaldía de Ourense.

Redacción /EP - 13:33 29/04/2007

Segundo a enquisa realizada por ‘Sondaxe’ e recollida por Europa Press, os gobernos máis disputados nas próximas eleccións municipais serían os de Vigo e Ourense por mor do alto porcentaxe de indecisos, 31% e 28,7% respectivamente.

En Vigo, os populares subirían de 10 a 12 concelleiros polo que quedarían a dous da maioría absoluta, o que permitiría a reedición do bipartito entre socialistas e nacionalistas, 8 e 7 concelleiros. A enquisa outórgalle só un edil ao Partido Galeguista polo que Manoel Soto non tería a chave para darlle o poder a ninguén.

Pola súa parte, Enrique Nóvoa si conseguiría os 14 concelleiros necesarios para obter a maioría absoluta en Ourense, o que lle permitiría gañar as súas primeiras eleccións logo de substituír a Manuel Cabezas. BNG e PSOE repartiríanse sete e seis concelleiros respectivamente.

Segunda a enquisa de ‘Sondaxe’, o envorco máis brusco sería o de Ferrol, onde os socialistas se converterían na lista máis votada con oito concelleiros. O PPdeG do actual alcalde Juan Juncal quedaría cos sete que ten e o seu socio de goberno, Independentes de Ferrol, caería desde os seis até os tres edís. Estes resultados permitiríalle ao PSdeG formar un goberno de coalición co BNG e EU-IU.

No resto das cidades non habería sorpresas. Orozco revalidaría a maioría absoluta socialista en Lugo, ao igual que Abel Losada na súa primeira cita na Coruña. En Santiago, o PSdeG estaría preto da maioría polo que se podería reeditar o pacto co BNG.


4,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: