Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aventura gráfica

Orozco, protagonista dun videoxogo sobre Lugo

O xogador métese na pel do alcalde socialista e debe construír a cidade desde a época prerrománica.

Redacción - 11:00 29/04/2007
Orozco, nunha foto de campaña

Orozco, nunha foto de campaña

O alcalde de Lugo, Xosé Clemente López Orozco, presentou o videoxogo este sábado, dentro das iniciativas da súa campaña electoral. Segundo o socialista, o proxecto enmárcase dentro da “aposta” que realiza o seu partido “pola promoción das novas tecnoloxías” e pretende que “os lugueses participen” na creación da cidade.

O videoxogo comeza cando Orozco é secuestrado por un científico que o leva até o pasado desde onde colaborará con personaxes ilustres e representativos da cidade para conseguir reconstruíla e chegar ao presente. , o videoxogo protagonizado por el mesmo

O alcalde destacou na presentación que a súa intención non é que os xogadores o vexan "como o protagonista", xa que "solo participa", e o importante é que "cada persoa que xogue" se sinta que "é el o que constrúe a cidade".

En próximas datas tamén presentará dentro da campaña electoral do seu partido pola alcaldía, un cómic tamén con el como protagonista, que versará sobre "o Lugo que estamos a facer entre todos".


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: