A cargo de Laura Sánchez Piñón, Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta.
Dentro das actividades organizadas en Badalona con motivo das letras galegas, coa colaboración do Centro Agarimos e a Federación de Entidades Galegas en Catalunya, a conselleira visita este sábado a cidade para participar nun acto no que se lerán textos de María Mariño e impartir a conferencia “As mulleres galegas no saber”.
Ao rematar o acto, haberá unha degustación de produtos de galegos e de viños Albariño.
No mesmo lugar, o Espai Betúlia, os Furafollas ofrecen o domingo outra actuación d'Os troleiros de Provença.
LETRAS GALEGAS EN BADALONA
Sábado, 28 de abril, 19.30 h
Conferencia “As mulleres galegas no saber”
A cargo de Laura Sánchez Piñón, Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta.
Lectura de poemas de María Mariño.
Domingo, 29 de abril, ás 18 h
Actuación de Furafollas.
Espai Betúlia
Enric Borràs, 43-47
08912 Badalona