Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
É director do CEIP de Meira

Luís Rodríguez Edrosa, novo delegado de Presidencia en Lugo

Foi nomeado hoxe polo Consello da Xunta delegado da Consellería de Presidencia en Lugo, en substitución de Begoña Santos, recentemente nomeada directora xeral de Xustiza.

Redacción - 19:11 26/04/2007

Nacido na Pastoriza en 1956, Rodríguez Edrosa é diplomado universitario pola USC en profesorado de Educación Xeral Básica (EXB). Tamén cursou estudos de Dereito e Pedagoxía pola Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). Ten impartido cursos de lingua –iniciación e perfeccionamento- a diversos colectivos de Lugo.

No eido laboral, comezou a súa carreira profesional como profesor interino contratado no Colexio Público As Mercedes, de Lugo, entre 1983 e 1986. Dende esa data, e tras aprobar a correspondente oposición, impartiu clases en diversos centros educativos da provincia de Lugo (Castro de Rei, A Pontenova, Xove, Antas de Ulla, Lugo, etc). No 99 obtén o seu destino definitivo no CEIP de Meira, centro no que permanece ata este ano. En 2002 presenta a súa candidatura á dirección deste colexio, posto para o que resulta elixido por unanimidade do Consello Escolar e no que continúa até a actualidade.


4,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: