A editorial Salvat Bruño só publicará en castelán e catalán as últimas aventuras dos galos
O xoves presentouse no Salón da Banda Deseñada de Barcelona Astérix e os seus amigos, edición especial conmemorativa do oitenta aniversario e, á vez, unha merecida homenaxe a un dos seus creadores. Mais, outra vez, non haberá versión en lingua galega. A editorial Salvat Bruño decidiu pór á obra á venda no Estado só nos idiomas castelán e catalán.
A Mocidade da Mesa pola Normalización Lingüística destaca que dende que esta editora se fixo cargo da edición no Estado español non volveu haber edicións na nosa lingua. De feito, o colectivo chegou a dirixirse a Salvat Bruño para pedirlle a incluso do galego e incluso se lle remitiron milleiros de sinaturas para apoiar a iniciativa. Porén, os esforzos foron de balde. A Mesa anuncia que volverá dirixirse á editora e á vez a diferentes departamentos da Xunta para ver de solucionar esta eiva.