As empresas ligadas ao ex alcalde coruñés están pendentes dunhas concesión do goberno de Rodríguez Ibarra
O que fora rexedor da Coruña, Francisco Vázquez, semella que ten ben collido o fío dos negocios enerxéticos. Segundo revela este mesmo venres o xornal La Opinión, a muller e os fillos de Vázquez intentan agora entrar no mercado eólico de Extremadura. A polémica empresa Iglevaz opta á explotación de dous parques nos municipios de Cáceres e Badaxoz. A autorización final ten que dala a Junta de Extremadura, que preside o tamén socialista Rodríguez Ibarra.
Aínda que o actual embaixador de España no Vaticano non figura na empresa, non hai que esquencer que está casado en réxime de gananciais. O xornal coruñés explica de que para entrar no mercado extremeño, Iglevaz emprega empresas interpostas.