Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTOUPA UNHA BOMBA NO LOCAL DA UXT

Mineiros en folga cortan a comunicación ferroviaria entre A Coruña e Santiago

Os obreiros das empresas auxiliares proseguen as mobilizacións e negan calquera vinculación co atentado das Pontes.

Redacción - 17:25 17/04/2007

Medio cento de mineiros cortaron, entre as 16 e as 16.30 horas deste martes, o tráfico ferroviario entre A Coruña e a capital de Galiza. O acto de protesta tivo lugar na estación cercedense de Meirama e obrigou a parar a un tren de pasaxeiros. Os cincocentos obreiros auxiliares das Pontes e Meirama piden garantías laborais diante do anunciado peche das dúas concas mineiras.

Mais a tensión non para de medrar logo de que se coñecera que na madrugada do luns ao martes tiña estourado un artefacto na sede da UXT nas Pontes que provocou importantes danos materiais. Na mañá deste mesmo martes atopouse tamén un explosivo que non chegou a explosionar no local que CC.OO ten na mesma localidade do Eume.

Os dous sindicatos non están a participar nas protestas mineiras. Porén, o responsábel comarcal de Comisións, Xulio Abelleira, rexeitou vincular o sucedido coas mobilizacións mineiras. Dende a CIG, organización que lidera as protestas, lamentaron oo acontecido e sinalaron que hai quen quere “criminalizar” os traballadores que están en folga.

Pola súa parte, o Concello das Pontes convocou para este mesmo martes un pleno extraordinario para apoiar publicamente as demandas dos traballadores.


Ligazóns

4,43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: