Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Presentación do disco 'Ano de brétema'

Pé de Boi despide a súa xira en Compostela

O grupo folc do val do Ulla remata o seu percorrido o martes no pub A Casa das Crechas.

Redacción - 19:11 16/04/2007

Durante a xira INTR06/07 de presentación do seu último disco, Ano de brétema, Pé de Boi percorreu salas de concertos de todo o territorio galego. O martes chega ao remate do percorrido, en Compostela. A cita será o martes ás dez e media da noite na Casa das Crechas, coa entrada a dous euros.

Despois, os compoñentes do grupo folc descansarán para tomar folgos de cara aos concertos do verán. De todo iso informarán a través da súa web. Alí tamén se poden descargar temas do disco e información sobre o grupo.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: