O anuncio feito polo presidente Chávez na súa alocución durante a conmemoración dos feitos de abril de 2002 confirma o gran momento da economía venezuelana. O ciclo de endebedamento con entes financeiros estadounidenses rómpese despois de anos. O ministro do Poder Popular para as Finanzas, Rodrigo Cabezas, confirmou que a débeda contraída por Venezuela durante os gobernos de Carlos Andrés Perez e Rafael Caldera co Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional, foi cancelada na súa totalidade.
"Nós queremos sinalar a partir do anuncio do noso presidente, que pechamos un ciclo histórico de endebedamento cos organismos multilaterais como son: o Banco Mundial (BM) e o Fondo Monetario Internacional (FMI). Este tempo revolucionario ponlle fin ás estratexias de submisión de financiamento que ditaron estes organismos durante os anos 90. Dous entes que serviron para debilitar as economías de países como o noso e que se viron forzados a dar cumprimento a normas leoninas nos seus pagamentos”.
A débeda que alcanzaba os 3 mil millóns de dólares para o ano 1998, ao ser liquidada ofrécelle un respiro aínda maior á xa prospera economía venezolana. “O pagamento desta débeda déixanos o espazo aberto para un maior escenario de prosperidade e auxe económico, para investir e darlle maior oportunidade aos sectores de menos recursos, como as oportunidades de estudo, fontes dignas de traballo e sobre todo, para combater os problemas de saúde e pobreza” dixo Cabezas.
Os mecanismos de endebedamento dos gobernos anteriores ao presidente Chávez tiveron o seu cenit ao implementarse en 1989 o chamado “Paquete de Medidas” do goberno de Carlos Andrés Perez, que facendo énfase nunha desorbitada apertura económica levou a un desaxuste macroeconómico, que derivou nun forte impacto social para a maioría dos venezuelanos. Todo isto deu orixe ao chamado “Caracazo”, co consabido saldo de mortes debido ás protestas fronte a estas medidas.
Con todo, durante o segundo goberno de Rafael Caldera a posta en marcha doutro mecanismo macroeconómico denominado “Axenda Venezuela”, contribuíu por igual cun acelerado empobrecemento e unha caída dramática do poder adquisitivo dos venezuelanos. “Os gobernos da Cuarta República fixeron destes procesos de endebedamiento unha gran carga para o país. Nós estamos ‘dándolle pau á débeda externa’, estamos cumprindo o mandato do noso presidente, de liquidar toda esa serie de compromisos nefastos” aseverou o ministro.
A cancelación desta carga financeira para Venezuela supón á vista de expertos financeiros un salto adiante en materia económica, sobre todo ao estar suxeita a fortes presións de sectores poderosos e o achegamento
”A débeda que mantiñamos desde o ano 1998, derradeiro dos gobernos da Cuarta República, observou unha liña descendente que nos levou a liquidar por completo este gran peso para o país. Sentímonos orgullos de pechar este ciclo do capitalismo salvaxe. Señores do Banco Mundial, señores do FMI, adeus con vostedes, Venezuela é libre, é soberana, os indicadores dinnos que imos crecer aínda máis. Estamos demostrándolle ao mundo que é posíbel manter o crecemento económico con recuperación do capital humano, sen aplicar a receita diabólica do FMI que endebedou e empobreceu aos nosos pobos”.
Finalizou a súa intervención facendo un chamado aos demais países de América Latina para que se desprendan das ataduras con este tipo de entes financeiros, que desangran os recursos e só procuram un obvio enriquecemento. “Nós os latinoamericanos debemos usar a nosa propia riqueza financeira para o noso desenvolvemento. Por iso está latente a proposta do Banco do Sur, unha idea marabillosa do presidente Chávez, onde ao final desta década teñamos un país de investimento e cero endebedamiento”.
O Banco Mundial e o FMI de orixe estadounidense, situáronse ao redor de 25 anos como unha forte fonte de préstamo para os gobernos anteriores á chegada do presidente Hugo Chávez Frías e estiveron sempre en cuestión polas ríxidas normas de pagamento impostas a países do terceiro mundo.