Substituirá a Santiago Domínguez, que se presenta como candidato á alcaldía de Vigo polo BNG.
Marta Souto González, até agora delegada de Cultura e Deporte na provincia de Pontevedra, será probabelmente a substituta de Santiago Domínguez Olveira á fronte da Dirección Xeral para o Deporte. O cambio vén dado pola designación do anterior director xeral como candidato do BNG á alcaldía de Vigo.
Segundo informa Europa Press, o nomeamento oficial farase público a finais deste mes. Souto González é licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC e cursa Socioloxía e Políticas. Foi responsábel do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e fundadora da Coordenadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización Lingüística.
De todos os xeitos, dende a consellaría non quixeron nin confirmar nin desmentir a información e aseguran que a persoa que substitúa a Domínguez seguirá a mesma liña á fronte da dirección xeral.