Probabelmente a suba non lles afectará aos consumidores finais, senón aos beneficios dos intermediarios.
Os .com serán máis caros
A partir do 14 de outubro será máis caro rexistrar nomes de dominio de internet rematados en .com e .net. A compañía que xestiona eses enderezos, VeriSign, decidiu que os .com subirán un 6% e os .net un 10%, co que o prezo das súas tarifas quedará en 6,42 e 3,85 dólares anuais, respectivamente.
O contrato que o ICANN e o departamento de Comercio dos Estados Unidos teñen con VeriSign permítelle á firma aumentar as tarifas un 7% anual até 2010, dous anos antes da fin da concesión. Malia isto, non houbera subas dende 1999.
Pero esta suba, en principio, non debería afectarlles aos clientes finais, senón máis ben ás empresas intermediarias, que verán reducida a súa marxe de beneficios se deciden manter os prezos aos consumidores. As máis afectadas serán as que ofreceron rexistros plurianuais, e principalmente Network Solutions, filial de Verisign que vendeu dominios por 100 anos.