Un blogueiro demostra a utilidade da web 2.0 para marcar o emprazamento de lugares de encontro e locais de ocio.
Un detalle do mapa, visto en Google Earth
A utilidade das aplicacións da web 2.0 está fóra de dúbida. Como mostra disto, un blogueiro, Sugar Kane, decidiu poñer en práctica as posibilidades do servizo My Maps, de Google, para marcar algúns dos seus locais de marcha favoritos da Coruña.
O autor xa advirte que o mapa non pretende ser unha guía exhaustiva da noite coruñesa, e que, polo de agora, os usuarios non poden facer as súas achegas ao mapa. Pero todo se pode resolver no futuro.