Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Para evitar ameazas anónimas

Propoñen un código de conduta blogueiro

Tim O'Reilly e Jimmy Wales son os promotores da idea, que se basearía no control dos contidos por parte da comunidade.

Redacción - 18:03 09/04/2007
Extracto do código

Extracto do código

A liberdade de expresión na blogosfera está a provocar situacións indesexábeis. Tanto é así, que dous dos principais expertos das novas tecnoloxías propoñen un código de conduta blogueiro para mellorar a convivencia en liña. Tim O'Reilly, promotor do termo web 2.0 e Jimmy Wales, creador da Wikipedia, decidiron trazar unhas liñas mestras para canalizar o debate na rede. Unha das principais recomendacións é que os blogueiros poidan prohibir os comentarios anónimos e borrar aqueles que poidan ser denunciábeis sen temeren que os tachen de censores. Os dous gurús da rede pensan que é o momento de cambiar os límites do que se considera aceptábel en liña.

Os ideólogos pretenden crear varias categorías de permisos que estarán representadas por diferentes logotipos. Un permitiría os comentarios anónimos, outro desaconsellaríaos e un terceiro esixiría que os blogueiros contrastasen todos os rumores que publican. Todo o sistema sería voluntario e estaría autocontrolado pola comunidade.

Segundo os seus defensores, o código de conduta non pretende homoxeneizar a web, senón só deixar claro que existen unhas regras informais escritas. Pero os detractores da medida afirman que non é posíbel persuadir os blogueiros para que adopten estas normas e que restrinxen a liberdade de expresión.

Como informa The New York Times, a decisión de Wales e O'Reilly veu dada por algunhas amezas de morte recibidas por varios blogueiros nos últimos meses, e que abriu o debate sobre se é lícito borrar os comentarios irrespectuosos.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: