Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O ESTADO RECELA DAS REDES GRATUÍTAS

A precampaña das locais desata a febre polas wifis públicas

Candidatos e alcaldes prometen redes municipais en Cambados, A Coruña, Ribadumia e Santiago.

M.V. - 17:05 09/04/2007

É a última moda da precampaña municipal. Municipios e candidatos a alcaldes prometen o despregamento de redes de acceso a internet sen fíos e, nalgúns casos, gratuítas. É o caso de Ribadumia, que xa comezou a instalala en Barrantes.

Ademais deste concello pontevedrés, as promesas de wifis públicas agroman por toda a xeografía galega. Por exemplo, o candidato do PSdG en Cambados, Domingo Tabuyo , tamén prometeu universalizar o acceso á rede mediante unha wifi pública. Tamén en Santiago está anunciada a entrada en servizo dunha rede pública antes de fin de ano. Na Coruña o alcalde e candidato socialista Javier Losada anunciou o lanzamento dunha wifi gratuíta.

Problemas legais
Porén, existe un límite o desenvolvemento destas redes. É que a Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) xa pechou varias wifis municipais, por exemplo en Barcelona, porque, alega, distorsionan o libre mercado.

O director xeral para o desenvolvemento da Sociedade da Información, David Cierco, pronunciouse en contra das iniciativas que “distorsionen a competencia” e non aseguren a neutralidade tecnolóxica. É dicir, ao entender do Estado, as infraestruturas públicas non poden frear o despregamento das redes das operadoras privadas.

Por iso en Ribadumia explican que a través da rede publica “as empresas operadoras poden ofrecer ós veciños contratos cos que inclúan melloras substanciais no servizo”, un requisito para salvar as amoestacións da CMT.


4,86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: