Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Comeza a Volta ao País Vasco

O KP-GZ estréase no pelotón ProTour

O equipo galego inicia este luns a súa andaina dentro da elite do ciclismo mundial. Afronta ademais un mes moi intenso, cargado de probas.

Redacción - 12:46 09/04/2007
Gustavo Domínguez acadou un bo resultado no Gran Premio Miguel Induráin

Gustavo Domínguez acadou un bo resultado no Gran Premio Miguel Induráin

O Karpin Galicia medirase a partir deste luns e até o vindeiro sábado ao pelotón ProTour, integrado polos vinte equipos máis potentes do mundo, na Euskal Herriko itzulia (Volta ao País Vasco). Ademais, tamén participarána Klásica de Primavera, en Amorebieta.

Esta primeira incursión do equipo galego no calendario ProTour terá por escenario un percorrido extraordinariamente esixente. A etapa inicial da carreira vasca inclúe seis portos de segunda categoría e tres de terceira, nos seus 139 quilómetros de percorrido.

Podio para Gustavo Domínguez

Xa este sábado, o Karpin Galicia participou noutra proba en terras vascongadas, concretamente en Estella, na sétima edición do Gran Premio Miguel Induráin. Gustavo Domínguez sumou outro podio para o seu equipo, desta volta nos sprints especiais.

O porriñés pasou en segunda posición polo primeiro, o de Arroniz, no quilómetro 18 de carreira; e en primeira posición no segundo e último: o de Arizala, situado no quilómetro 117.

Porén, a fortuna non acompañou a Gustavo Domínguez, quen despois de coroar en sexta posición o alto de Guirguillano, no quilómetro 146 de carreira, cando formaba parte dunha escapada de sete corredores, sufriu unha caída no descenso do porto, sen magoaduras de importancia, mais que lle fixo perder contacto coa testa da carreira.


Convocatoria

Para a primeira carreira do calendario ProTour, Álvaro Pino convocou un sólido equipo composto por: Marcos Serrano, Isidro Nozal, Xoán Mourón (substituto de David Herrero, logo de que este non se recuperase dunhas molestias nun xeonllo), Gustavo César Veloso, Carlos Castaño, Santos González, Gaizka Lasa e Ezequiel Mosquera, que sustitúe a última hora a Eladio Jiménez, convalecente aínda da caída que sufrira na Volta a Mallorca.

Non rematan aquí os compromisos deportivos do Karpin Galicia porque a próxima semana abordará unha axenda extraordinariamente densa. Ás carreiras en Euskal Herria hai que engadir a participación noutra das probas de máis prestixio no calendario portugués, a Volta ao Alentejo.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: