O colectivo ecoloxista Greenpeace fixo unha clasificación das empresas do sector TIC segundo o impacto que causan sobre o ambiente. Ningún gaña a etiqueta "verde".
O emprego de sustancias químicas tóxicas e a revisión dos procesos de construción e de reciclaxe dos equipos xa usados son algúns dos criterios aplicados por Greenpeace para este estudo, realizado xa o ano pasado.
Os ecoloxistas destacan que as empresas comecen a facer esforzos por estabeleceren criterios ambientais nas súas liñas de fabricación. Citan como exemplo ao propio xigante informático chinés Lenovo, que no anterior informe obtivera unha baixa puntuación e que agora chimpou á cima da lista, á beira de empresas como Nokia, Sony Ericsson ou Dell, tamén destacadas na clasificación. Das 14 estudadas, Apple aparece no último lugar.