Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Iniciaron conversas con Patrimonio

Tui e Valença tamén queren ser patrimonio europeo

Represensentantes dos dous municipios xuntáronse con Patrimonio para debateren as liñas de acción e promover que a área trasnfronteiriza sexa declarada Patrimonio Europeo.

Redacción - 13:40 04/04/2007

O Concello de Tui e da Cámara Municipal de Valença do Minho tiveron unha xuntanza en Compostela co director xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, Felipe Arias Vila, a semana pasada. Nela buscáronse as canles para a promoción da candidatura das cidades fronteirizas de Tui e Valença do Minho á nova categoría de “Patrimonio europeo” da Unión Europea, dentro da candidatura, promovida pola xunta, das fortalezas militares transfronteirizas. Este sistema abrangue cinco subsistemas cunha enorme riqueza patrimonial e histórica: o atlántico, que abrangue a zona da Guarda e Caminha, o sistema Goián-Vilanova, este sistema Tui-Valença, Salvaterra-Monçao

A categoría de Patrimonio Europeo creouse para impulsar a dimensión transnacional europea dos bens culturais e dos lugares: quérese incentivar o apoio da cidadanía europea a unha identidade europea común e fomentar o sentido de pertenza a un espazo cultural. A edición do 2007 é a primeira na que se entregan estes premios, coincidindo co cincuenta aniversario da sinatura do Tratado de Roma en 1957. Poden recibir o recoñecemento de “Patrimonio Europeo”: lugares de interese cultural ou histórico que teñan unha relevancia especial en Europa, obras arquitectónicas, edificios e obxectos de valor emblemático en termos históricos, artísticos, científicos e ideolóxicos, e tamén zonas (enclaves e paisaxes culturais), así como xacementos arqueolóxicos terrestres, lacustres e marítimos. O ano pasado foi declarado Patrimonio Europeo o Cabo Fisterra.


Documentos

5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: