Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
NOS ÚLTIMOS ANOS, FACILITOUSE O TRANSPORTE PRIVADO E INDIVIDUAL

O transporte marítimo en situación de perigo na ría de Vigo

Luita Verde reproba a subida de 10 céntimos das tarifas do servicio de transporte marítimo na ría de Vigo por parte da empresa Mar de Ons, pero tamén culpabiliza á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte por autorizala, que tamén é extensible ós concellos de Moaña e Cangas pola súa torpeza e feble implicación .

Luita Verde - 13:28 03/04/2007

Luita Verde aínda que entende que a empresa concesionaria está sufrindo perdas económicas pola forte baixada de usuari@s non é pretexto para que suba as tarifas e de golpe desa maneira, o cal ademáis vai en contra da rentabilidade do propio servicio pois só vai provocar máis baixada no uso do servicio na poboacións destes dous concellos da comarca senón probablemente tamén da procedente de Vigo.

Luita Verde lembra que a principal causa desta forte baixada de usuari@s no servicio de transporte marítimo na ría nos últimos dous anos foi a apertura e posta en funcionamento da vía rápida do Morrazo, obra promovida ademáis pola propia Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, infraestructura que provocou un aumento da utilización do automóvil privado, en detrimento do transporte colectivo, tanto terrestre como marítimo, tal e como xa denunciara a Plataforma Antivía Rápida do Morrazo no seu momento, antes de construida. Daquela e durante unha década (1994-2003), esta Plataforma, onde tamén estabamos integrados Luita Verde, reivindicabamos que ante a construcción dunha vía rápida se tivera antes outras alternativas, como era entre elas o fomento e mellora do transporte colectivo tanto terrestre como marítimo, namentres tanto o anterior conselleiro da CPTOP, J. Cuiña Crespo como o actual alcalde de Cangas, J.E. Sotelo (o mesmo que agora esixe solucións), defendíanna a capa e espada.

Luita Verde denuncia que de todos modos a vía rápida non vai solucionar os problemas de tráfico da comarca no futuro senón que vai agravalos, principalmente nos meses do verán, e por outra parte segue a haber atascos nos centros urbanos en horas punta tanto no Morrazo como en Vigo, os custes económicos pola compra e mantenemento do automóvil son cada vez meirandes, a siniestralidade é cada vez máis elevada e a contaminación atmosférica e ambiental que provoca está dentro do máis do16% das emisións galegas de gases de efecto invernadeiro, tamén en aumento. Tendo ademáis en conta que distintos tratados e diectivas internacionais son cada vez máis restrictivas cara o uso do automóvil privado, cumpre urxentemente unha alternativa de futuro e sostible, que é entre outras o fomento e utilización do transporte colectivo e neste caso o marítimo, pero para elo necesítase vontade política (lexislación e aplicación), social (campañas de concienciación cidadana) e inversora (aportacións económicas públicas necesarias tanto para campañas de concienciación cidadana como para o propio funcionamento e mellora do transporte colectivo), as mesmas que ata o de agora fallan, pois xeralmente se queda en boas palabras e declaracións de intencións, e máis cando hai eleccións por medio.

Para rematar con esta actitude da empresa Mar de Ons e o consentimento da propia Administración, somos conscientes que o transporte marítimo da ría de Vigo corre serio perigo de desaparecer pero tamén somos conscientes de que liberalizándoo como dictou a UE vai ser pior coa entrada de máis empresas pois sabemos que só teñen o interés metido no servicio de transporte ás Illas Cíes, xa que é onde realmente lle quitan rentabilidade económica. Por todo elo, e problemas de funcionamento aparte, polo contrario, creemos que quizáis tiñamos que ir xa pensando senón será mellor un transporte colectivo da ría verdadeiramente público e libre totalmente de concesións.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: