A construción e o sector servizos son os que xeran máis traballos novos.
A loita contra o desemprego está a ter bos resultados en Galiza. O mes de marzo pechouse con 159.886 persoas rexistradas como demandante de emprego, un 9,2% menos ca no mesmo mes do ano pasado. Os datos converten ao noso país na quinta comunidade do Estado onde máis baixou o paro nos últimos doce meses.
A construción e a actividade de servizos foron os dous sectores que máis contribuíron á baixada do número de desempregados. No outro lado atópase a agricultura que crea traballos moito máis amodo, 36 no mes de marzo.