Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A cambio de activos

E.ON renuncia á súa OPA sobre Endesa

O grupo alemán decidiu retirar a súa oferta pola eléctrica, logo de chegar a un acordo con Enel e Acciona.

Redacción / EP - 19:26 02/04/2007
E.ON ofrecía 40 euros por cada acción de Endesa

E.ON ofrecía 40 euros por cada acción de Endesa

O grupo alemán E.ON decidiu renunciar a súa Oferta Pública de Adquisición (OPA) de accións sobre o 100% de Endesa, logo de alcanzar un pacto con Enel e Acciona polo que se compromete a adquirirlles algúns activos da primeira eléctrica española a prezo de mercado.

A decisión de E.ON chega un día antes de que finalizase o prazo de aceptación da oferta. Os expertos coinciden en sinalar que a adoptou dado o escaso grao de aceptación acadado pola mesma.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: