Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Proxecto dun dos creadores da Wikipedia

"Citizendium": unha evolución da enciclopedia colaborativa

O seu acceso tamén é libre, e promete reforzar o "rigor" dos contidos creados.

Redacción - 10:45 28/03/2007

"O mundo necesita unha enciclopedia mellor. Axuda a creala". Con ese lema no cabeceiro acaba de nacer Citizendium, apadriñada por Larry Sanger, quen fora un dos fundadores da Wikipedia. Descontento co que consideraba que eran algúns déficits na evolución da Wikipedia e co obxectivo de perfeccionar o sistema, anunciou hai meses o deseño dun novo proxecto.

No seu primeiro treito, Citizendium preséntase cun milleiro de artigos e un cento de editores xestionando a súa evolución. O fundamental nesta nova enciclopedia é o rol do "experto" que debe autorizar que cada entrada introducida no proxecto está libre de erros. Os requerimentos para ser editor inclúen ter un título académico e dominar un área temática concreta. Os creadores do proxecto insisten en que a súa máxima preocupación é a "fiabilidade".


Ligazóns

4,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: