O trebello conéctase introducindo un diamante que tamén serve para identificar o usuario.
O portátil dun millón de dólares
Mentres están a xurdir iniciativas para crear ordenadores portátiles de baixo prezo que acheguen as novas tecnoloxías aos países en vías de desenvolvemento, a compañía británica Luvaglio toma o camiño oposto. A empresa, especializada en artigos de luxo, vai poñer á venda o seu primeiro computador ao módico prezo dun millón de dólares.
Deste trebello, reservado a millonarios, só se coñecen algúns detalles técnicos. Ten unha pantalla panorámica de 17 polgadas iluminada con LED e tratada contra os reflexos. A súa capacidade de almacenamento é de 128 xigas de disco en estado sólido e rañura de Blu-ray.
Ademais, conta cun limpador de pantalla integrado e ten varios diamantes. Un deles serve de chave de acendido cando se introduce no computador e serve, asemade, de elemento de identificación de seguridade.
Os clientes de Luvaglio son tan exclusivos que mesmo se precisa unha recomendación para poder acceder á súa web. Hai un breve vídeo do computador no Youtube: