O combate ao latifundio intensifícase coa expropiación de 16 facendas, en Venezuela denominadas “hatos”.
Durante a transmisión do seu programa Aló, Presidente Nº 278, en Barinas, o presidente Chávez explicou que os latifundios serán convertidos en unidades de produción social e manexados por cooperativas agropecuarias. A guerra contra o latifundio en Venezuela continúa con forza este domingo coa intervención simultánea de 16 grandes latifundios en todo o país. Así o anunciou o presidente da República, Hugo Chávez Frías, durante a transmisión do seu programa Aló, Presidente, na súa edición 278, que se realizou no "Hato Calleja".
O “Hato Calleja”, un dos que foron expropiados onte, ocupa unha enorme extensión de terrra entre os municipios Pedraza e Barinas, no estado Barinas, e conta con valiosos recursos naturais, como a proximidade dos ríos Apure, Pagüey e Santo Domingo.
Os outros quince predios expropiados son:
Agropecuaria Buenavista (21.138 hectáreas), Montaña del Orinoco e o Atascosa (26.700), en Anzoátegui; Hato Morichalito (10.848), La Llagüita (47.800), Caribeña e Las Mercedes (33.920), Bartolero (16.554), Las Cunaguaras, La Esperanza e San Francisco (12.000), Hato Cabullare (8.150), Hato Coronero (9.900) e Hato La Viereña (14.850), en Apure.
Guanayenguayero (6.121), en Aragua; Fundo Agrobárbara (61.600), en Barinas; Sucesión Bolívar (23.535) e Arrecife Los González (9.913), en Guárico, e Productora Redford Smurfit (2.732), en Portuguesa.
As grandes extensións subutilizadas nestas 16 facendas serán dedicadas principalmente á gandeiría, polas súas condicións naturais. O presidente Chávez explicou que os latifundio serán convertidos en unidades de produción social e manexados por cooperativas agropecuarias.
”Comandos zamoranos” tomaron facendas expropiadas
O presidente venezuelano falou vía satélite co gobernador do estado Anzoátegui, Tarek William Saab, quen presentou un breve informe sobre o combate ao latifundio nesa estado e acoutou que se expropiaron 200 mil hectáreas, apróximadamente, de terras ociosas.
Neste sentido, o gobernador Saab garantiu ao presidente venezolano que en Anzoátegui a loita contra o latifundio "cumprirase a cabalidade porque hai un goberno unido á súa liña de actuación".
Saab expresou que a loita contra o latifundio é fundamental para a construción do novo modelo de país e o logro da independencia económica de Venezuela.
"O latifundio constitúe un atentado contra o interese nacional"
Durante o programa Aló Presidente 278, o presidente Chávez, afirmou que os predios expropiados, 330 mil 796 hectáreas, pasarán agora a propiedade social para satisfacer as necesidades do pobo.
O procedemento de intervención de terras improdutivas levado a cabo polo Goberno venezolano, alcanza a cifra total de 330 mil 796 hectáreas, o que foi considerado polo presidente Chávez como un verdadeiro "ataque contra o latifundio", executado polo Estado conxuntamente coas comunidades. Asegurou que todos estes terreos poñeranse a producir, especialmente na cría de gando.
En canto ás 24 mil 883 hectáreas que conforman o “Hato Calleja”, dixo que se trata dun territorio prácticamente improdutivo, onde non existe ningún investimento que impulse o desenvolvemento nacional. "A partir de hoxe pasará a ser o que sempre debeu ser: propiedade social e produción social para a satisfacción das necesidades do pobo", manifestou.
O presidente Chávez aclarou que quen posúan fundos produtivos non deben ter ningún tipo de temor, dado que as intervencións que leva a cabo o Goberno Bolivariano están orientadas únicamente aos latifundios, considerados como terra fértil improdutiva. "Isto é un atentado contra o interese nacional", dixo.
Chávez referiu que en horas da mañá deste domingo a Forza Armada Nacional contestou un ataque do cal foi obxecto a comisión durante a toma do “Hato Morichalito”, en Apure. O xeneral Wilfredo Silva, xefe do Comando Unificado da Forza Armada Nacional (FAN) detallou que nestas terras atopábase agochada unha avioneta que se presume podería estar relacionada a actividades de narcotráfico.
O xeneral Silva declarou que os irregulares utilizaron durante o ataque armas longas tipo R-15 e pistolas de alto calibre. Para o momento da realización do programa a aviación do Exército proseguía coa busca na zona para neutralizar e identificar ao grupo que abriu fogo contra os funcionarios.
O presidente Chávez asegurou que a maior parte das persoas que participan nese tipo de actividades ilegais non son venezolanos, senón que proveñen doutros países. Por tal motivo indicou aos funcionarios civís e militares que adiantan os procesos de intervención para que fortalezcan ao máximo a loxística.