Asegura que non hai razóns obxectivas para pagarlle menos aos produtores, tal e como sosteñen outras empresas.
O consello rector da cooperativa Feiraco, que ten 7.000 gandeiros asociados, decidiu non hai ningunha razón de mercado que xustifique unha baixada do prezo do leite en orixe e incluso fala de que está a haber lixeiras subas en Francia e nos Países Baixos. A postura da empresa galega é especialmente simbólica xa que algunhas multinacionais están decididas a baixar un 4% o importe que lle pagan aos gandeiros polo leite.
Pola súa parte as organizacións agrarias xa anunciaron que tomarían medidas en caso de que se fixese efectiva a baixada de prezos. A Consellería de Medio Rural tamén asegurou que non hai razóns para que as empresas tomen de xeito unilateral a decisión de reducirlle os pagos aos gandeiros.