Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A consola de Sony chegou este venres até as tendas galegas

Un lugués adiantou varios meses o lanzamento da PlayStation 3 en Europa

Algúns afeccionados xa gozan desde hai meses da agardada consola grazas a intermediación dun galego que as importaba directamente desde Xapón.

G. García - 18:18 23/03/2007
O distribuidor ofrecía imaxes como esta para garantizar que posuía realmente as consolas

O distribuidor ofrecía imaxes como esta para garantizar que posuía realmente as consolas

Este 23 de marzo foi a data escollida por Sony para lanzar en toda Europa a súa consola de terceira xeración PlayStation 3. Moitas tendas en todo o continente abriron as súas portas na media noite deste venres para que os máis fanáticos dos videoxogos puidesen gozar canto antes da nova plataforma.

Aínda así, algúns afortunados xa tiñan no seu poder a PS3 grazas a un lugués que comezou a servir como intermediador entre o mercado xaponés e o europeo. A través da páxina de subhastas Ebay e de diferentes foros este opositor galego, que prefire manter o anonimato, distribuíu por Galiza e todo o Estado a nova creación da Sony.

“A comercializamos a través da rede desde incluso antes de que saíra á venda en Xapón” asegura o responsábel da chegada antes de tempo da Play 3 aos fogares dalgúns afortunados e podentes galegos. Sinala que “a consola é multirexión, o que significa que é compatíbel con os videoxogos editados en calquera parte do planeta”. É por iso polo que non dubidou en utilizar a súa boa “reputación” en internet para ofrecerse como garantía nunha transacción tan arriscada como é a de mercar este tipo de novas tecnoloxías a través da rede.

Segundo o propio distribuidor, a practica “non é moi legal xa que Sony non quería baixo ningún concepto que as súas consolas saíran de Xapón antes de que estiveran á venda no resto do mundo. Mesmo puxeron impedimentos a Ebay para publicar puxas relacionadas coa PS3”.

As licencias de videoxogos, decisivas na guerra da terceira xeración

Segundo o noso protagonista, a guerra pola supremacía do mercado entre as tres consolas de terceira xeración ten un condicionante claro: as licencias de videoxogos. “A xente non ten que pensar que vai mercar unha consola, senón que ten que pensar nos videoxogos aos que lle gusta xogar”.

Neste sentido, sinala que a batalla vai estar protagonizada pola Xbox 360 de Microsoft e a PlayStation 3 de Sony, xa que a Wii de Nintendo “só vai ter un ano ou ano e medio de vida”. É por iso polo que considera que vai ser a negociación pola exclusividade dos videoxogos a que incline a balanza cara un lado ou outro”.

Este membro do colectivo Beta-Zero asegura que, lonxe do prezo ou incluso das prestacións das consolas, será a posibilidade de xogar aos videoxogos favoritos a que inflúa na decisión de mercar unha ou outro plataforma.


4,33/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: