As estatísticas son teimudas, os xubilados do noso país cobran un 16,5% menos cós do resto do Estado.
En Galiza hai máis de 700.000 pensionistas / Foto: Zeugreb
As pensións medias galegas seguen a ser a máis baixas. A cifra queda fixada en 559,77 euros, un 16,5% menos cá media estatal que está en algo máis de 670 euros, segundo os datos do propio goberno español. En Galiza hai 700.470 persoas que perciben algún tipo de pensión.
Por comunidades, as pagas máis elevadas están en Euskadi (838), Asturias (810), Madrid (795) e Navarra (751). As peores cifras son para Murcia (591), Estremadura (570) e Galiza (560). Cataluña cun 17,8% e Andalucía, con 15,9% son as zonas que máis pensionistas teñen no total do Estado.