Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O primeiro partido será o 18 de abril

Deportivo-Sevilla e Barcelona-Getafe, nas semifinais da Copa do Rei

A sorte foille esquiva ao Deportivo da Coruña, que non conseguiu cumprir os seus arelos de se emparellar co Getafe nas semifinais copeiras.

Redacción - 18:49 22/03/2007

O sorteo das semifinais da Copa do Rei, que tivo lugar este xoves na sé da RFEF na Cidade do Fútbol das Rozas, deparou os enfrontamentos entre o Deportivo da Coruña-Sevilla e o FC Barcelona-Getafe.

O Deportivo da Coruña chega as semifinais tras superar ao Valladolid, líder de Segunda, e ve na Copa o seu camiño máis factíbel para estar en Europa. O Sevilla, tras dobregar ao Betis, busca lograr o "triplete" esta tempada (Liga, Copa e UEFA).

Sé da final, sen determinar
A outra eliminatoria enfrontará ao FC Barcelona co Getafe. Os culés desfixéronse do Real Zaragoza, logo de remontar un resultado adverso no partido de ida. Mentres, os do equipo madrileño soñan con chegar por primeira vez a unha final.

As semifinais xogaranse a dobre partido os días 18 de abril (Riazor e Camp Nou) e 9 de maio, mentres que a final, nun campo aínda por determinar, será o 23 de xuño.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: