Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
26 MILLÓNS PARA AS OPERADORAS

O Estado di que a alta velocidade chegará a 3.000 aldeas este ano

Na web do Programa Estatal de Extensión da Banda Larga pódese ver que lugares se conectarán e con que tecnoloxía.

M.V. - 18:25 21/03/2007

A segunda fase Programa Estatal de Extensión da Banda Larga xa está en marcha. En Galiza, o Ministerio de Industria asegura que se conectarán 2.982 lugares en 2007. Ademais, outros seiscentos lugares conectaranse ata 2008. En total o número de aldeas incluídas na iniciativa é de 3.512.

As persoas interesadas en saber cando se vai conectar a súa zona poden descargar un listado dende a web do Programa. Tamén poden coñecer que tecnoloxía (ADSL, Wimax, satélite ou unha combinación destas opcións) se vai empregar en cada aldea.

O papel de Telefónica
O BOE publicou o venres os orzamentos para esta iniciativa. Son 26 millóns de investimento a nivel estatal, dos cales oito son subvencións e o resto préstamos a xuro cero.

Telefónica foi a principal encargada da primeira fase do Programa, e a operadora que recibiu a maioría dos cartos públicos do mesmo.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: