Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A DECISIÓN FARÍASE PÚBLICA NAS VINDEIRAS SEMANAS

ETA debate un calendario de desarme que reabra o proceso

A dirección analiza os pasos a dar logo de que o executivo central decidira aplicarlle beneficios penitenciarios a De Juana Chaos.

Redacción - 12:34 13/03/2007
ETA debate a súa postura

ETA debate a súa postura

As medidas tomadas co preso Ignacio De Juana foron interpretadas por moitos, máis aló dun problema humanitario, como un xesto do goberno cara ETA. O xornal 20 minutos publica este martes un completo reportaxe no que asegura que a organización incluso podería facer unha entrega simbólica de armas nas vindeiras semanas para que se reactiven as conversacións políticas.

O sector liderado por José Antonio Urritkoetxea, Josu Ternera, sería o máis favorábel a retomar a tregua e buscar unha saída negociada co goberno de Rodríguez Zapatero. Dentro da esquerda abertzale esta corrente tamén estaría secundada por Arnaldo Otegui. Fronte aos mesmos atoparíase un “sector duro” que desconfía do proceso pero que estaría en minoría dentro da coalición nestes momentos.

Algúns analistas prognostican que antes do 8 de abril vai haber un importante movemento de ETA. Incluso non se descarta que a organización se aveña a fixar un calendario de desarme paulatino e total, tal e como ocorreu no caso irlandés. Un paso inequívoco de que o proceso de paz entra en boa vía pode ser a participación da esquerda independentista.

Para o xornal 20 minutos a actuación coordinada de Otegi e Ternera está tendo efectos positivos para un posíbel acordo. Segundo este medio, Otegi logrou recuperar a iniciativa política tras poñer enriba da mesa unha proposta autonomista conxunta para Euskadi e Navarra, algo que contaría co visto e prace de ETA. Pola súa parte, segundo fontes policiais, Ternera tería dado unha orde interna para que ninguén actuase pola súa conta e se alguén o fixese tería que “aterse ás consecuencias”


4,76/5 (17 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: