Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O CESE DA ACTIVIDADE MINEIRA DEIXARAOS NA RÚA

Os traballadores das empresas auxiliares de Meirama e das Pontes anuncian mobilizacións

Culpan ao goberno español de terse desentendido do problema, ao non planificar recolocacións laborais nin posibilidades de prexubilación.

Redacción - 19:25 12/03/2007
Panorámica da térmica de Meirama / Foto; galizacig.com

Panorámica da térmica de Meirama / Foto; galizacig.com

A CIG anunciou este luns que os traballadores das empresas auxiliares das minas de lignito de Meirama e As Pontes veñen de aprobar un calendario de mobilizacións que comezará o vindeiro día 28. Os operarios denuncian que non se lles está a buscar ningunha saída laboral para cando cese a actividade extractiva, que está prevista para finais deste mesmo ano.

Os traballadores critican especialmente a actitude do goberno central. Critican a actitude do goberno central pois aseguran que, a diferenza do que ocorre noutros puntos do Estado, non se contempla a posibilidade de recolocación dos obreiros nas empresas principais nin tampouco prexubilacións. Tamén censuran a actitude de Unión Fenosa, propietaria de Lignitos de Meirama, por “desentenderse duns traballadores que contribuíron durante todos estes anos á auxe da empresa”


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: