Vieiros Deportes fixo na última semana unha enquisa para coñecer os gustos dos afeccionados ó futbol para coñecer cal pode ser o capitán da selección galega. Os resultados foron abrumadores entre dous `xogadorazos'.
Michel Salgado recibiu 190 votos nos últimos sete días, o que significa un 79 por cen. O xogador do Deportivo, Fran, 50 un 21 por cento. O bo momento do Celta e que o rifen tódolos grandes clubes europeos fixeron inclinar o voto para o celtiña. Fran temén foi chamado pola selección española para xogar contra Austria e San Marino pero non parece ter tantas posibilidades como o xoven Salgado.
De novo presentamos esta semana outra interesante pregunta do noso deporte: o Compos e as posibilidades de retornar a Primeira División.