Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
ALCALDE E CONSTRUTOR

O rexedor de Ourense di que só fixo "unha obriña"

"Non teño nada que agochar", di o sucesor de Manuel Cabezas á fronte da alcaldía ourensá.

Redacción - 09:00 12/03/2007
Enrique Nóvoa

Enrique Nóvoa

Alcalde desde hai poucas semanas, logo de que Manuel Cabezas renunciase a repetir como candidato do PPdeG á alcaldía da cidade, o actual rexedor e aspirante a sentar no cargo outra vez, Enrique Nóvoa, afronta acusacións por presuntas ilegalidades urbanísticas.

Ao respecto da polémica, Nóvoa falou esta fin de semana para a Radio Galega, onde recoñeceu ter posto cartos na construción presuntamente ilegal. Con todo, o alcalde asegurou que foi "unha obriña pequena e totalmente legal" que botou adiante en colaboración con outros dous socios.

Na súa opinión o proceso xudicial aberto pola licenza de ocupación desta edificación, non vai ter ningún impacto na súa candidatura á alcaldía. Nóvoa tamén subliñou que aínda que xa era concelleiro no momento de facer ese negocio, daquela xestionaba a concellaría do Medio Rural e aínda non a de Urbanismo á que pouco despois accedería. Dixo ademais estar estrañado porque o asunto "se faga público agora". Ao fío, confirmou que acudirá a declarar o próximo 22 de marzo, despois de recibir un requirimento xudicial.


3,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: