Galiza é a comunidade autónoma onde máis se incrementou, cun 15% respecto ao ano anterior.
Segundo un estudio do Grupo BBVA, Galiza foi en 2006 a zona do Estado na que máis subiu o prezo da vivenda. As cifras sinalan que no último ano o incremento foi do 15%, o que supón cinco puntos máis ca media española.
O estudo sinala ademais que no caso galego a suba dos prezos non se desacelera, como si ocorre no resto do Estado, a excepción de Cantabria. E é que en 2004 o incremento foi do 13%, e en 2005 do 14%, mentres que no conxunto de España o incremento creceu catro puntos menos có ano anterior.
Aragón segue a Galiza no ranquin cun 14%. Cantabria rexistra un 13 e Baleares, La Rioja e Cataluña un 12. No outro extremo sitúanse Navarra (7%), Madrid e Canarias (8%) e Murcia e Extremadura (9%).