Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Necesidade de “garantir as condicións de seguridade”

Política Territorial esíxelle a Audasa que non descoide o mantemento da AP-9

María José Caride trasladoulle a Fomento as súas queixas sobre o estado do firme e a falta de seguridade na autoestrada do Atlántico

Redacción - 09:00 10/03/2007
A autoestrada presenta irregularidades no firme e na sinalización

A autoestrada presenta irregularidades no firme e na sinalización

A conselleira de Política Territorial pediulle publicamente a Audasa que manteña en perfecto estado tanto o firme como a sinalizacións e os marxes da AP-9. Caride considera que as condicións nas que se atopa a autoestrada “son manifestamente mellorábeis” e asegurou que a mellora “é unha prioridade que se debe abordar xa”.

Nunha xuntanza desenvolvida este venres, a conselleira trasladoulle esta “necesidade e preocupación de todos os galegos” a Josefina Cruz, secretaria de Infraestruturas e delegada do Goberno nas sociedades concesionarias de autoestradas de peaxe.

Na reunión tamén se sinalou a necesidade de que Audasa solucione os problemas de capacidade que ten a AP-9 nas circunvalacións de Santiago e Pontevedra, no treito Cangas-Vigo e na entrada á Coruña. Segundo Caride, “están superados os niveis de servizo nestes treitos, polo que a concesionaria debe aumentar a capacidade da vía sen que supoña ningún custe adicional para os usuarios”.

Por último, na conferencia de prensa posterior á xuntanza, a responsábel de infraestruturas da Xunta lembrou as condicións nas que os anteriores gobernos do PP ampliaron a concesión por vinte e cinco anos máis e a posterior privatización da autoestrada. Por iso, Caride cre que a única ferramenta da Administración para que a Audasa respecte as condicións de seguridade é a imposición de medidas coercitivas.


4/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: