Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Microsoft incorporará máis publicidade nos títulos para a Xbox 360

Os anuncios invaden os videoxogos

A publicidade integrada nos videoxogos estase a converter nunha tendencia cada vez máis común. A compañía especializada en anuncios Massive Inc, propiedade de Microsoft, adiantou que máis de cen títulos da Xbox 360 contarán cos seus servizos a finais deste ano.

Redacción - 13:23 09/03/2007
Publicidade no parche galego do Pro Evolution Soccer

Publicidade no parche galego do Pro Evolution Soccer

En principio, a publicidade incluirase en xogos como Crackdown, Def Jam: Icon, MLB 2K7 ou Ghost Recon Advanced Warfighter 2. Os usuarios dese software poderán ver no medio da acción anuncios de Dell, Intel, Discovery Channel e mesmo da Mariña estadounidense.

A expansión da publicidade integrada nos videoxogos débese a que é un xeito de afrontar os altos custos de desenvolvemento das consolas e a que aínda non se acadou todo o seu potencial. Non só lle vai afectar á Xbox 360 de Microsoft, senón tamén ás súas competidoras Sony PS3 e Nintendo Wii.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: