Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
LUGO BUSCARÁ OUTRO LUGAR PARA O AUDITORIO

López Orozco recoñece agora que o prioritario é preservar a muralla

O informe desfavorábel de Icomos-España á construción dun auditorio no cuartel de San Fernando fixo variar a postura do Concello de Lugo. O alcalde Xosé López Orozco recoñece que se o proxecto afecta á muralla, tal e como avisa este órgano consultivo da Unesco, haberá que buscar novos solares para o auditorio.

Redacción - 14:33 06/03/2007
Tags:
A muralla foi declarada Patrimonio da Humanidade en 2000 / Foto diputacionlugo.org

A muralla foi declarada Patrimonio da Humanidade en 2000 / Foto diputacionlugo.org

O propio presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, instou esta semana ao Concello de Lugo a cambiar de actitude. O municipio lugués acusou en xaneiro á Consellería de Cultura de "bombardear" o proxecto do auditorio. O departamento que dirixe Ánxela Bugallo emitiu un informe negativo xa que estimaba que as obras no cuartel de San Fernando podían afectar á muralla.

Hai escasos días coñecíase un informe de Icomos-España. Esta asociación que colabora coa Unesco, dáballe a razón a Cultura, e deixaba moi claro que a construción dun auditorio na zona elixida era incompatíbel coa protección da muralla. Icomos incluso sinalaba que, de levarse adiante as obras, corría risco a catalogación da muralla como Patrimonio da Humanidade.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: