O folc de Pé de Boi chega o martes 6 á noite á Coruña. O grupo do val do Ulla tocará a partir das dez e media no Pub Dublín, con entrada de balde. Continúa, deste xeito, coa xira de presentación do seu, até agora, terceiro disco, Ano de brétema, despois de ter percorrido as principais salas de concertos do país.
Pé de Boi
Pé de Boi, que estiveron convidados o sábado no programa da Radio Galega Lume na palleira, seguirán de viaxe pola nosa xeografía. A seguinte cita será o 16 de marzo, no festival Río de músicas, en Vedra.
Andrés Suárez
O martes 6 haberá outro concerto en Compostela. A partir das once da noite, o cantautor ferrolán Andrés Suárez ofrecerá unha actuación no Albaroque.